• Enviar Incidencia
  • Actividades
  • Avisos
  • Instalaciones
  • Marcadores Ciudad
  • Bus Urbano Traker
  • TV Directo
  • Plenos
  • Radio Directo
  • Oficina de Turismo
  • Programas
  • Vídeos
  • Novedades
  • materialicons-sharp-2854
    Incidencias Resueltas
  • WebSite
  • Ajustes
  • Política de privacidad
Municipio Inteligente
  • Inicio
  • Noticias
  • Agenda
  • Más
San Telmo na Casa - Mamá Cabra

Tamén Mamá Cabra se sumou as festas de San Telmo na Casa través da radio con este programa no que nos presentaron

01:01:10

San Telmo Na Casa - María Fumaça

Nas festas de #SanTelmoNaCasa tivemos a oportunidade de escoitar a María Fumaça a través da Radio Municipal de Tui nun programa especial no que nos presentaron o seu novo traballo "O Veleiro verde".

00:53:58

Especial Día das Letras Galegas 2018

A Radio Municpal de Tui contou cun programa especial dende a praza da Inmaculada dedicado ao Día das Letras Galegas e, en especial, á Feira do Libro Galego que celebraba en Tui a súa XXI edición.

01:49:40

Ent. Mila González - Precisan voluntarios para a realización das alfombras de Corpus

Un grupo de persoas voluntarias comezou este luns o traballo co verde para a elaboración das alfombras florais de corpus. As 7 persoas que están traballando arestora no Claustro da Catedral é insuficiente polo que fan un chamamento a todos os que se queiran sumar. Así o explicaba Mila González. Est

00:03:53

Especial Play-Doc 2017 - Directo dende o Teatro Municipal de Tui

Programa especial da Radio Municipal de Tui durante o Play-Doc 2017 con entrevistas aos directores Eloy Domínguez Serén, Dominic Gagnon, Nele Wohlatz, Beli Martínez e Carmen Bellas.

01:34:40

Rutas guiadas e de balde para coñecer o patrimonio do Baixo Miño

Repasar a historia de Tui e comarca é máis sinxelo este verán. Tui, A Guarda e Oia contan durante os meses estivais cunha ampla oferta de visitas turísticas aos principais puntos históricos que acheguen a historia a locais e visitantes.

00:05:56

Ent. Sandra Alonso, educadora familiar do Concello do Rosal- Mostra Mulleres na Historia

O Concello do Rosal expón durante este mes de marzo unha mostra cun total de 97 fotografías antigas, testemuño gráfico das mulleres que leva por título Mulleres na historia. O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico,

00:05:32

Entrevista con Gloria Mosquera, directora de 15 Primaveras

Este sábado, ás 19h. chega o musical para cativos 15 Primaveras, da compañía Mamá Cabra ó Teatro Municipal. Mamá Cabra é un dos grupos musicais pioneiros na creación de espectáculos para a infancia. 15 Primaveras trátase da súa particular homenaxe ó seu percorrido. Este espectáculo é unha escolma d

00:05:08

Entrevista a Josep Pamies- Charla sobre plantas mediciñais este sábado

Josep Pamies estará este sábado ás 11 da mañá no Liceo Casino para dar unha charla sobre plantas mediciñais. O conferenciante Josep Pamies explicará o seu proxecto, Dolça revolució, e das súas experiencias na agricultura ecolóxica, e no uso de diferentes plantas mediciñais para o tratamento e curaci

00:14:57

Entrevista con Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros- Proxecto de micromecenado

A primeira campaña galega de "crowdfunding" arqueolóxica pecha co obxectivo cumprido en Oia. Setenta persoas de todo o mundo realizaron ata noventa aportacións dun total de 10.523 euros a través de internet para salvagardar o patrimonio prehistórico e natural do municipio. Coida Xosé Gago que o mái

00:09:07

Entrevista con Martín González, veciño de Tomiño, que denuncia esperas e falla de persoal no Cunqueiro

Martín González, veciño de Tomiño, denuncia as esperas e a falta de medios no novo hospital Álvaro Cunqueiro. O afectado explicou que súa nai, de 90 anos de idade, foi trasladada de urxencia ante unha febre elevada e tivo que permanecer na sala de espera dende as 4 da tarde ata as 12 da noite, agard

00:07:36

Entrevista a Laureano Alonso, concelleiro de Turismo- Datos positivos no turismo en Tui

A oficina de turismo de Tui, rexistrou dende o 1 de xuño ó 30 de setembro 20.424 visitantes, o que supón unha suba nun 62% con respecto ós datos rexistrados no ano 2014. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou nos nosos micrófonos os bos datos e o crecemento no número de visitantes con

00:06:59

Entrevista con Mónica Bugarín- Actividades da Casa da Xuventude

Como onte foi día festivo, trasladamos a conversa habitual sobre cursos, actividades con Mónica Bugarín, do Espazo Xove de Tui, ó día de hoxe. Mónica Bugarín deu conta que a Casa da Xuventude acollerá a partir do luns próximo e ata o día 27, a exposición de fotografía do certame Viaxando. Por outra

00:04:01

Entrevista con Tito Asorey, director de Perplexo- Obra que chega este venres ó Teatro Municipal de Tui

Este venres 6 de novembro, o Teatro Municipal de Tui acolle a obra, Perplexo, da compañía Il Maquinario Teatro de Ourense. Esta obra, en clave de humor, está protagonizada por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez, e está dirixida por Tito Asorey. Precisamente co seu director fa

00:08:29

Entrevista a Alejandro Dacuña, que elaborou un libro de receitas tradicionais

Alejandro Dacuña, hai dous anos e medio, comezou co traballo de facer un libro de receitas caseiras de comidas das que se fan de toda a vida nas nosas casas, “Receitas con historia”. O libro está a piques de saír do forno, e os cartos recadados da súa venda, serán destinados a asociacións que loitan

00:13:09

Entrevista con Alberto González, chef do Silabario- Viaxe do Grupo Nove a San Sebastián

Alberto González é chef do Silabario de Tui, e estivo co Grupo Nove, asociación de cociñeiros galegos en San Sebastián, para presentar a súa cociña e a potencia turística de Galicia a través dun documental. O Grupo Nove está formado por reputados cociñeiros que posúen entre eles 12 estrelas michelín

00:07:19

Entrevista con David Vila Magán, presidente da ADETO- Actividades polo Samaín

A Asociación de Comerciantes de Tomiño, Adeto, organiza a celebración do Samaín este sábado próximo día 31 de outubro, ás 17 horas, para os nenos e ás 20 horas, para maiores, na Praza da Mina, con baile de disfraces aterradores, talleres, gran queimada e merendola para os máis pequenos, todo ameniza

00:05:25

Entrevista con Xosé Tomás, debuxante- Obradoiro de banda deseñada en Tui

Co gallo da celebración do Samaín e dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da Biblioteca, terá lugar na Sala Félix Rodríguez un Obradoiro de Banda Deseñada totalmente de balde a cargo do ilustrador Xosé Tomás. A actividade iniciarase mañá venres 30 de outubro ás 17:30h e terá u

00:08:26

Entrevista a Francisco Romero Alvite, presidente da Asociación de vendedores ambulantes de Galicia- Suspensión de feiras

Durante estes días estamos pendentes de como se desenvolven feiras e mercados debido ó enfrontamento producido hai uns días entre os Moróns e os Zamoranos. Este conflito está a afectar o correcto funcionamento das feiras, debido a que hai sitios nos que as suspenderon e noutros que continuaron real

00:10:26

Entrevista ás mozas que crearon a maqueta de Currás, en Tomiño

A veciñanza de Currás, Tomiño, xa conta coa maqueta de relevo da súa parroquia, construída por un grupo de mozas e mozos a escala 1:1000 Este grupo de mozos, entre 14 e 15 anos, organizouse con varios obxectivos moi claros: Promover o respecto e a conservación do patrimonio material e inmaterial (et

00:13:07

Conversa con Gumersindo Alonso, presidente da Cámara de Comercio de Tui- Compra do edificio da Aduana

A Cámara de Comercio de Tui asinou onte pola mañá a adquisición do Edificio da antiga Aduana de Tui propiedade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. A adquisición do edificio pola Cámara foi autorizada pola Xunta de Galicia dentro do seu Plan Estratéxico e de Viabilidade. Esta nova u

00:11:09

Entrevista a Maria Geraldes, directora da GNP- AECT- Job days da Eurorrexión en Tui

Tui vai ser sede mañá martes 27 de outubro dos Job Days da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, dedicados ó sector agroalimentario. No transcurso das actividades dos Job Days, estarán dispoñibles 26 postos de traballo destinados a desempregados transfronteirizos no eido da alimentación na Eurorre

00:07:41

Entrevista con Mónica Bugarín- Actividades no Espazo Xove

Mónica Bugarín, do espazo Xove de Tui, deu conta que o pasado venres 23 rematou o prazo do concurso de fotografía Viaxando. Por outra banda, hoxe ás 5 da tarde pecharase o prazo para participar no curso de Composición Musical. Outras actividades que realizarán no Espazo Xove será un taller de crowd

00:04:16

Entrevista a Pablo Casares, técnico de Meteogalica- Estudo sonoro en Galicia

Pablo Casares é técnico de Meteogalicia e el xunto con outros participantes realizaron un estudo sobre o ruído. Explica que non se pode dicir que as festas de Coia sexan as máis ruidosas de Galicia, xa que este parámetro débese a que a estación de medición está preto do campo da festa. Están a estu

00:10:10