Co gallo da celebración do Samaín e dentro das actividades proxectadas para a celebración do Día da Biblioteca, terá lugar na Sala Félix Rodríguez un Obradoiro de Banda Deseñada totalmente de balde a cargo do ilustrador Xosé Tomás. A actividade iniciarase mañá venres 30 de outubro ás 17:30h e terá unha duración de dúas horas aproximadamente.
Insiste Xosé Tomás que non é necesario ter moita experiencia debuxando para participar. Para os nenos é moi importante saber expresarse a través de debuxos e con estes talleres lógrase inculcar esta ensinanza.
29/10/2015