Tui vai ser sede mañá martes 27 de outubro dos Job Days da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, dedicados ó sector agroalimentario. No transcurso das actividades dos Job Days, estarán dispoñibles 26 postos de traballo destinados a desempregados transfronteirizos no eido da alimentación na Eurorrexión.
A directora da Agrupación Europea de Cooperación territorial Galicia- Norte de Portugal, Maria Geraldes, destacou que os job days é un espazo onde os desempregados poden atopar unha oportunidade laboral. Dende ás 9.30h ata ás 17h, os interesados poden acudir ó edificio da Área Panorámica, onde estarán os stands das empresas participantes, que recollerán currículos e realizarán, de ser o caso, entrevistas de traballo. Hai ofertas de traballo orientadas a distintos perfís e formación.
26/10/2015