A oficina de turismo de Tui, rexistrou dende o 1 de xuño ó 30 de setembro 20.424 visitantes, o que supón unha suba nun 62% con respecto ós datos rexistrados no ano 2014.
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, destacou nos nosos micrófonos os bos datos e o crecemento no número de visitantes con respecto ó ano pasado. Incidiu que isto se debe polos múltiples atractivos da cidade e das súas propostas, como o tren turístico que conectou á Eurocidade Tui- Valença, as visitas guiadas polo conxunto histórico ou a dinamización da oficina de turismo de Tui, impulsadas pola concellería de Turismo.
04/11/2015