30/10/2015

Entrevista a Alejandro Dacuña, que elaborou un libro de receitas tradicionais

Alejandro Dacuña, hai dous anos e medio, comezou co traballo de facer un libro de receitas caseiras de comidas das que se fan de toda a vida nas nosas casas, “Receitas con historia”. O libro está a piques de saír do forno, e os cartos recadados da súa venda, serán destinados a asociacións que loitan pola defensa de enfermos. Alejandro Dacuña explicou que o libro recolle 60 receitas aproximadamente, de carnes, pescados, abarcando diferentes elaboracións. Ademais tamén relata a historia de cada prato. O propio autor percorreu casas e recolleu in situ a preparación da receita.