04/11/2015

Entrevista con Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros- Proxecto de micromecenado

A primeira campaña galega de "crowdfunding" arqueolóxica pecha co obxectivo cumprido en Oia. Setenta persoas de todo o mundo realizaron ata noventa aportacións dun total de 10.523 euros a través de internet para salvagardar o patrimonio prehistórico e natural do municipio. Coida Xosé Gago que o máis importante da campaña, aparte dos cartos recadados, é a comunidade creada ó redor do proxecto, xa que moitos doantes visitarán Oia e están pendentes do transcorrer das obras.