04/11/2015

Entrevista con Martín González, veciño de Tomiño, que denuncia esperas e falla de persoal no Cunqueiro

Martín González, veciño de Tomiño, denuncia as esperas e a falta de medios no novo hospital Álvaro Cunqueiro. O afectado explicou que súa nai, de 90 anos de idade, foi trasladada de urxencia ante unha febre elevada e tivo que permanecer na sala de espera dende as 4 da tarde ata as 12 da noite, agardando polos resultados das probas. Martín González comunica que no traslado efectuado posteriormente ó Meixoeiro, súa nai sufriu unha caída da ambulancia e a raíz da mesma, tivo golpes e mazadas.