26/10/2015

Entrevista con Mónica Bugarín- Actividades no Espazo Xove

Mónica Bugarín, do espazo Xove de Tui, deu conta que o pasado venres 23 rematou o prazo do concurso de fotografía Viaxando. Por outra banda, hoxe ás 5 da tarde pecharase o prazo para participar no curso de Composición Musical. Outras actividades que realizarán no Espazo Xove será un taller de crowdfunding, obradoiros de artesanía de construción de letras decorativas, tamén talleres de xogo de mesa, entre outros.